CELSO EMLIO FERREIRO
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nace en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille adicado o Día das Letras Galegas de1989. É mobilizado para a Guerra Civil Española polas tropas franquistas. No 1937, durante un permiso en Celanova, detéñeno por facer un comentario político (presuntamente criticando aos crimes perpetrados polos fascistas) en público. Péchano nunha cela do mosteiro da vila, toda de pedra, durante tres días. A mediación de parentes e amigos ante o Gobernador de Ourense evita a súa execución. Este suceso inspiraría, 25 anos despois, a súa obra principal: Longa noite de pedra. Exercendo o seu labor como radiotelegrafista, erra o número que debía marcar, entrando así en contacto con Moraima, quen sería logo a súa muller e fonte inesgotable da inspiración do poeta, en especial, en Onde o mundo se chama Celanova. En 1966 emigrou a Venezuela. Algúns autores apuntan como causas da súa decisión certas dificultades económicas, a presión á que estaba sometido como consecuencia da súa actividade
Inverno Chove, chove na casa do pobre e no meu corazón tamén chove. Dor da mau encallecida, dor da xente aterecida de frío polos camiños. Dor dos vellos e meniños. Dor dos homes desherdados e dos que están aldraxados. Mágoa da ferida allea. Dor dos que están na cadea, dos que sofren a inxustiza e viven baixo a cobiza. Mágoa e loito por tanto pranto que escoito. No meu peito, sulagado. soturno, fondo, calado, un río de amor se move. Chove, chove na cas do pobre e no meu corazón tamén
Longa noite de pedra O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras.
O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas,
son de pedra. Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.